O Novo Cine de Leiro trae a nova estrea de Pixar, “Lightyear” para esta fin de semana

O Novo cine de Leiro trae esta fin de semana un filme pensado para os máis pequenos. Trátase da recentemente estreada nova entrega de Pixar “Lightyear”, protagonizada por unha das personaxes máis icónicas de Toy Story. É a historia de orixe de Buzz Lightyear, o heroe que inspirou ó xoguete, e que nos presenta ao lendario Space Ranger que acabaría con xeracións de fans.

Poderase ver o venres, sábado e domingo ás 16:00 horas, ás 18:15 horas e ás 20:30 horas, e o luns e xoves próximos ás 18:15 horas e ás 20:30 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES