Fundación Vicente Risco – Premio Ciencias Sociais

Bo día, 
O sábado 18 de xuño darase a coñecer o fallo da XXVI edición do Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais.
O xurado está composto por Teresa Devesa Graña, en representación do Concello de Allariz; Manoel Carrete Rivera, en representación do Concello de Castro Caldelas; Xaquín Vázquez, en representación do Concello de Melide; Xavier Limia de Gardón, en representación da Deputación de Ourense; Luzia Oca González, en representación da Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro; Elías Torres Feijóo, en representación da Universidade de Santiago de Compostela; Xosé Henrique Costas, en representación da Universidade de Vigo; Xosé Ramón Freixeiro Mato, en representación da Universidade da Coruña, e Isabel Mociño González como secretaria e representante da Fundación Vicente Risco, sen voz nin voto.