O Bng do Carballiño adhírese á plataforma cidadá “O Campo da Feira Non se Pecha”.

IES CHAMOSO LAMAS

O BNG do Carballiño, ante a situación do peche da aula de infantil do colexio público Calvo Sotelo no edificio do Campo da Feira, manifesta o seguinte:

Como piar básico para unha sociedade xusta e equitativa defendemos un ensino PÚBLICO, GALEGO, GRATUÍTO, LAICO E DE CALIDADE.

HIPER MASIDE

Non estamos de acordo co peche dun servizo que ofrece ás familias a posibilidade de levar aos seus fillos e fillas a un centro próximo aos seus domicilios xa que, por moito que se poña como escusa a situación de baixa matrícula, o que subxace é unha diminución intencionada de recursos para o ensino público mentres non se escatiman para o ensino concertado, mesmo para centros que segregan o alumnado por razón de xénero.

Por esta razón, e para defender estes valores, o BNG do Carballiño adhírese á plataforma cidadá “O Campo da Feira Non se Pecha”.