O BNG de San Cibrao das Viñas celebra a posta en funcionamento do sistema semafórico da rúa Salgueiros en Reboredo

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Desde a formación nacionalista lembran que xa en outubro de 2020 e a través dun escrito rexistrado no concello, solicitaron a súa posta en marcha para aumentar a seguridade dos peóns nunha zona cunha elevada circulación de vehículos

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

No día de onte o Concello de San Cibrao das Viñas e a Deputación Provincial de Ourense inauguraron o novo sistema semafórico nos cruzamentos da rúa Salgueiros, ao carón da praza do Cruceiro, na poboación de Reboredo.

Desde o BNG de San Cibrao alédanse da entrada en funcionamento dos semáforos, vella reivindicación veciñal e da formación nacionalista que xa en outubro de 2020 e a través dun escrito rexistrado no concello, solicitaban precisamente a súa posta en marcha xa que a proximidade dunha farmacia e das paradas do autobús escolar e do transporte de viaxeiros fan que o seu funcionamento sexa máis que xustificado, daquela a resposta do ente provincial foi asegurar que a súa entrada en servizo sería no segundo semestre de 2021.

Desde o BNG de San Cibrao cuestionan precisamente a tardanza á hora de pór en marcha o novo sistema semafórico pois de outubro de 2020 a hoxe pasaron xa algo máis de 2 anos e instan tanto ao concello como á Deputación a axilizar os procedemento en futuras actuacións para reducir ao máximo os tempos de inicio das obras ou proxectos.