O Grupo Socialista urxirá á Xunta no Parlamento a que solucione a problemática da veciñanza de Cartelle que, despois de 15 anos da finalización da concentración parcelaria, continúa sen títulos de propiedade

A deputada ourensá do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, levou á Comisión de Agricultura do Parlamento, unha pregunta oral á Xunta para urxir “medidas urxentes” que permitan arranxar a problemática da veciñanza do Concello de Cartelle que, despois de 28 anos trala concentración parcelaria, continúa sen títulos de propiedade.

“Esta problemática vense arrastrado durante as dúas últimas décadas e a Consellería de Medio Rural debe darlle solución inmediata, xa que provoca graves problemas aos propietarios e propietarias que non dispoñen de ningunha escritura que certifica a titularidade dos seus terreos”, alertou a socialista, quen defenderá na Cámara galega esta cuestión.

AVANTAR ACTIVIDADES

Adxuntamos a iniciativa presentada en comisión.