Onte saíu o cuarto envío de axuda humanitaria de Cáritas da parroquia do Carballiño cara Ucrania

Onte venres, o cuarto envío de Cáritas da parroquia do Carballiño sairá cara a Ucraína nun camión subvencionado de novo polas empresas Maderas Rías Baixas, Boen, e polas parroquias de Cortegada, e as de Rairo e Santa Mariña de Ourense.

Os Voluntarios de Cáritas e as Sociedades de San Vicente de Paul do Carballiño levan traballando arreo dende o inicio da guerra en Ucraína, preparando todas as axudas que chegaban dende distintos puntos da diocese.

AVANTAR ACTIVIDADES

Este novo envío súmase aos tres anteriores que partiron cara a Varsovia e Przemysl, desde onde a mercadoría foi trasladada ás cidades ucraínas de Busk, na provincia de Lviv, e Waldemar (Ostrog), na provincia de Rivne. Dende estas cáritas parroquiais reparte axuda humanitaria por outros puntos do país.

O camión que sairá esta tarde transportará outros 30 palés de axuda humanitaria, compostos por medicamentos, alimentos, leite, auga, produtos de hixiene, roupa, colchóns, mantas, e sombreiros e colchas elaborados artesanalmente polas Carmelitas da Caridad- Vedruna e as mulleres do Centro de Día de San Amaro.

Ademais das empresas que financian este envío, Rias Baixas e Boen, as empresas Coren sumáronse a esta campaña coa doazón de 500 kg de conservas.

Espérase a chegada a Ucraína deste envío a mediados da próxima semana.

Proximamente tamén faremos unha cesión coa axuda económica que diversas parroquias, institucións, particulares e iniciativas culturais nos prestaron, como Mulleres Rurais de Sagra, e o grupo de teatro DarTrela ​​do Carballiño.

O noso agradecemento a todos os que colaborastes e en especial aos voluntarios das Xornadas de San Vicente de Paul e Cáritas, e aos mozos de ASPADISI, sempre dispostos a colaborar.