O evento “Pon unha Foto na Rúa”, que organiza o colectivo cultural O`Potiños e colabora o Concello do Carballiño, contou este ano ca colaboración da Asociación de Pulpeiros. A pesar da choiva, un ano mais foron moitos os que participaron, e se deixaron fotografar, o pasado domingo día 22 de maio. Xa se poden desfrutar nunha exposición ubicada no baixo do edificio da rúa principal onde adoitan colocar as súas fotografías.
Ademais, nos vindeiros días, todos os fotografados irán recibindo as súas instantáneas, para gardar un recordo desta iniciativa.
A outra parte desta colaboración consistirá en O’Potiños axudará á Asociación de Pulpeiros na parte fotografía da súa nova páxina web, na que queren reinventarse e amosar todo o seu potencial.