As piscinas municipais do Carballiño están en funcionamento dende a fin de semana

As piscinas municipais do Carballiño abriron a tempada de verán esta fin de semana, ca xornada gratuíta do sábado, a pesar de que o tempo non estivo á altura por momentos pero aínda non chegou a chover, como si o fixo o domingo. Nas últimas semanas houbo dúbidas por parte dos partidos da oposición, que pedían que se fixesen as actuacións necesarias para a súa apertura a tempo. Este ano, leváronse a cabo obras de mellora, coma por exemplo no vaso grande, unhas obras necesarias para o seu correcto funcionamento.

Como cada ano, haberá bonos para o acceso á piscina, que se poden solicitar no concello do Carballiño. Os prezos de acceso mantéñense con respecto ós dous últimos anos, sen cambios. En canto ós cursos de natación, comezarán no mes de xullo e se hai demanda suficiente tamén en agosto.

AVANTAR ACTIVIDADES