O autobús de doazón de sangue estará mañá en Arenteiro, Piñor

O autobús móbil da Unidade de Doazón de Sangue desprazarase na xornada de mañá martes ata Piñor. Estará en horario de tarde, dende as 19:00 horas ata as 21:00 horas, en Arenteiro, na praza do pobo.

Lembramos a importancia que ten a doazón de sangue, para poder atender a demanda e necesidade dos hospitais, xa que as reservas están ao límite.

AVANTAR ACTIVIDADES

Recordamos que pode acudir calquera persoa con ou sen cita previa, que estea san, sexa maior de 18 anos e menor de 65 anos, non ter unha cirurxía, tatuaxes ou perforacións en menos dun ano, pesar máis de 50 quilos e non estar tomando medicamentos.