O Club Ciclista Carballiño estivo esta fin de semana na Xaxan Bike 2022

O Club Ciclista Carballiño estivo esta fin de semana en Pontevedra, desfrutando da XAXANBIKE 2022. No espectacular circuíto disputáronse as Mini BTT. A mellor nova foi o retorno de Marcos Rodríguez á competición, despois dun obrigado parón. A pesares das 4 semanas inactivo, fixo unha espectacular carreira, rematando nun merecidísimo 3° posto en categoría INFANTIL.

No XCO, Alex García Conseguía un novo 1° Posto en Categoría CADETE, co que segue líder da Copa Galicia a falta de dúas probas para o remate da competición.

AVANTAR ACTIVIDADES

Na mesma categoría, Iván Rey voltaba á competición e remataba no posto 31.

A mala nova chegaba en categoría JUNIOR, onde Miguel Panadeiros víase obrigado a abandonar por molestias físicas.

A vindeira cita será o domingo 26 en Maceda para disputar o CAMPEONATO GALEGO DE XCO.