A Fundación Vicente Risco organiza unha nova xornada músico-gastronómica o 23 de xuño na sede da Fundación en Allariz.

IES CHAMOSO LAMAS

Os xoves de Risco é unha boa oportunidade para coñecer a Fundación, coa visita guiada percorreremos espazos que non están abertos ao público, e poderemos ver os fondos documentais e artísticos que ten, ademais de descubrir a marabillosa e completa exposición sobre O Porco de Pé, unha obra maestra de Vicente Risco de ton burlesco, unha diatriba da burguesía, sátira do que chega a ser alcalde. Os personaxes son caricaturas e arquetipos, merece a pena visitar a exposición e ler a obra.

Haberá un viño de benvida e un concerto a cargo de La bossa nostra e desfrutaremos de petiscos de cociña fusión italiana e brasileira.

HIPER MASIDE

O prezo por persoa é de 20 euros, os mecenas da FVR teñen un importe especial de 15 euros por persoa. As prazas están limitadas a 40. Para inscribirse é necesario enviar un correo electrónico indicando nome, apelidos e teléfono de contacto a: secretaria@fundacionvicenterisco.com.