Formoso esíxelle á Xunta “respecto” ao colectivo de enfermaría, que está a ser “maltratado” no laboral, provocando a perda da calidade na atención sanitaria

IES CHAMOSO LAMAS

O líder dos socialistas galegos reivindica o papel “estratéxico” das enfermeiras e enfermeiros na visita ao Centro de Saúde Valle Inclán de Ourense

O secretario xeral do PSdeG, Valentín González Formoso, viaxou hoxe ata Ourense, onde denunciou a situación de precariedade do colectivo de enfermaría, “estratéxico no sistema sanitario galego”. Alertou da súa situación, “maltratado” no laboral e asumindo unha sobrecarga de traballo inasumible, con prolongacións de xornadas no retribuídas polo Sergas.

HIPER MASIDE

Formoso alertou de que a sobresaturación provoca a perda da calidade na atención sanitaria. Así o dixo en Ourense, onde se interesou polas condicións de traballo dos profesionais de enfermaría na visita ao Centro de Saúde Valle Inclán, xunto co secretaria xeral do PSdeG de Ourense, Natalia González, o secretario provincial, Rafael Rodríguez Villarino, e a parlamentaria Carmen Rodríguez Dacosta.

Explicou que os profesionais da enfermería teñen asignadas unha media de 1.600 tarxetas sanitarias, cando a ratio establecida polo Ministerio de Sanidade sitúase en 1.000, e no Hospital de Ourense por exemplo teñen que atender ata a 16 pacientes á vez, o dobre dunha asignación considerada segura e de calidade, que é de 8.

A sobrecarga dos profesionais e a desmotivación, dixo, “redunda nunha peor calidade do servizo”, e “contradí o que afirma o presidente da Xunta: si que se trata dunha cuestión de cartos”. Sinalou que “é cuestión de motivación, de darlle estabilidade contra a precariedade laboral que está a sufrir este colectivo, con profesionais contratados por días e mesmo en casos por horas”.

A consecuencia directa, dixo, é que o 30 por cento dos e das profesionais estanse a dar de baixa das listas de agarda para ser contratadas, e “van buscar destinos mellores noutros territorios do Estado, e mesmo na privada”.

Dixo que “é unha cuestión de respecto a un colectivo, neste caso o da enfermaría, que vén sumarse á falla de respecto e de empatía co colectivo médico, que adoece dunha serie de carencias vencelladas á falla de atractivo laboral, á falla de incentivos económicos e á perda de atractivo de Galicia como destino médico”.

Fixo unha chamada ao goberno galego a incrementar en 140 millóns de euros o orzamento para Atención Primaria nos Orzamentos do próximo ano, para situarse en sintonía co resto das comunidades autónomas do Estado. Advertiu que “todas e cada unha das autonomías están a gastar un 10 por cento máis en atención primaria agás a Xunta, que neste exercicio está a gastar un 1,9 por cento menos”.

Proceso electoral

Valentín González Formoso cualificou hoxe o resultado das eleccións autonómicas de Andalucía como “malo para o PSOE”, e sinalou que “aínda queda un ano para que se reverta”. Salientou que “a cidadanía distingue” os diferentes procesos electorais, e advertiu de que precisamente nas municipais lle concede máis peso ao “factor persoa e á lista electoral”, e dun proxecto “con capacidade de ilusionar á cidadanía”.