O BNG pedirá explicacións e esixirá responsabilidades polo uso indebido da Xefatura da Policía Local durante unha celebración do tramo urbano do Rallie de Ourense

Durante unha celebración da proba pudo verse a un número elevado de personas ocupando a cuberta da Xefatura e mesmo un dos balcóns do edificio como se dun palco VIP se tratase

 Este pasado venres e durante unha celebración do tramo urbano do Rallie de Ourense, chamou a atención de moito do público congregado nos arredores da rúa Victoria kent a presenza de persoas na cuberta do edificio da Xefatura da Policía Local de Ourense e mesmo nalgún dos balcóns do edificio , concretamente o do despacho da intendente, para seguir a proba mesmo co consumo de bebidas e comida.

AVANTAR ACTIVIDADES

Desde o Grupo Municipal do BNG denuncian a utilización dun edificio municipal como se da terraza dunha cafetería se tratase, feito que considerando moi grave xa non só pola presenza de persoas alleas á institución senón que no caso concreto do edificio ocupado, estamos a falar nada máis e nada menos que da Xefatura da Policía Local, lugar onde se custodian armas e documentación sensible.

Os nacionalistas pedirán explicación ao concelleiro de seguridade Telmo Ucha para coñecer quen autorizou a utilización da sede da Policía Local coma se dunha terraza de cafetería ou dun palco V I P se tratase e autorizou a presencia de persoas na cuberta e nos balcóns do edificio. Igualmente quere coñecer de que personas se trataron.

Segundo o BNG, estamos diante dun feito gravísimo que esixe rápidas explicaciones e mesmo a depuración de responsabilidades xa que non se poden empregar edificios municipais, e moito menos aquellos de especial relevancia como é a X efatura da Policía Local, como se fosen de propertye particular hacer concelleiro de turno.

Por último, lembran que precisamente a cuberta da Xefatura, atópase pendente da instalación da denominada “liña de vida” que impida que calquera persoa se poida precipitar ao baleiro tal e como esixen os técnicos de prevención de riscos laborais ao tempo que reiteran que o acceso tanto a determinadas zonas do edifico como á propia cuberta está restringida exclusivamente ao persoal autorizado.