O Concello da Rúa, ABANCA e Afundación presentan a mostra «Castelao grafista (facsímile)»

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

I Inaugúrase hoxe, martes 21 de xuño, ás 10.00 h no Centro Cultural Avenida e forma parte de «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

I No marco de «Cultura por alimentos», Afundación anima a todas as persoas asistentes a esta exposición a doaren alimentos non perecedoiros para os bancos de alimentos locais

. Afundación, a Obra Social de ABANCA, o Concello da Rúa e ABANCA presentan a partir de mañá no Centro Cultural Avenida a mostra «Castelao grafista (facsímile)». A inauguración terá lugar ás 10.00 h e contará coa asistencia de Álvaro José Fernández López, alcalde da Rúa; José Vicente Solarat López, concelleiro de Cultura da Rúa; Mateo Alonso, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano. Esta mostra está incluída en «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación.

«Castelao grafista (facsímile)» permanecerá aberta desde o 21 de xuño ata o 18 de xullo no Centro Cultural Avenida e poderase visitar de luns a venres en horario de martes a venres de 10.30 a 13.30 h. A mostra reúne facsímiles da Colección de Arte Afundación, debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, retratos fotográficos, caricaturas e debuxos e portadas de revistas.

Esta exposición enmárcase na iniciativa «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. A entidade invita aos visitantes a colaborar con esta iniciativa a través da doazón de alimentos non perecedoiros ao visitar a mostra.

EventoInauguración da mostra «Castelao grafista (facsímile)»
LugarCentro Cultural Avenida
Data e horaMartes, 21 de xuño ás 10.00 h
  AsistentesÁlvaro José Fernández López, alcalde da Rúa José Vicente Solarat López, concelleiro de Cultura da Rúa Mateo Alonso, coordinador institucional de ABANCA en Ourense Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo