Os novos Bonos de Innovación serán obxecto de análise na CEO

IES CHAMOSO LAMAS
  • A directora de servizos de Gain, Patricia Fernández, explicará todos os detalles desta convocatoria
  • O prazo para que as empresas soliciten estas axudas para innovar remata o vindeiro 11 de xullo

Con formato mixto, presencial e online, a CEO celebra este mércores 22 de xuño unha xornada informativa para que as empresas coñezan e aproveiten os Bonos á Innovación, un programa que na súa primeira convocatoria supón axudas importantes ás microempresas e pemes para servizos de apoio á innovación e para a xestión do financiamento da innovación.

A convocatoria, que remata o vindeiro 11 de xullo, forma parte do conxunto de medidas da Xunta dentro do programa de impulso á innovación nas pemes, como Reacciona, a aceleradora Galicia Avanza, InnovaPeme,  DeseñaPeme ou os préstamos  IFI Innova.

HIPER MASIDE

A directora da área de servizos da Axencia Galega de Innovación (Gain) Patricia Fernández, será a encargada de explicar tódolos pormenores e detalles destes bonos, ademais de exemplos dos conceptos que son subvencionables dentro dos mesmos.

Acto -> Xornada informativa  sobre os Bonos de Innovación da Xunta de Galicia

Lugar -> Salón de actos da CEO  ou conexión online

Data e hora -> mércores, 22 de xuño – 9:30 horas

Interveñen:

-David Martínez, presidente da Asociación Empresarial de Profesionais e Autónomos de Ourense e directivo da CEO

-Patricia Fernández, directora da área de servizos da Axencia Galega de Innovación,  Gain