Afundación, Abanca e o Concello da Rúa presentan «Castelao grafista (facsímile)»

I A mostra, presentada no Centro Cultural Avenida, está enmarcada en «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación

I No marco de «Cultura por alimentos», Afundación anima a todas as persoas asistentes a esta exposición a doaren alimentos non perecedoiros para os bancos de alimentos locais

AVANTAR ACTIVIDADES

Afundación, a Obra Social de ABANCA, o Concello da Rúa e ABANCA presentaron esta mañá, no Centro Cultural Avenida, a mostra «Castelao grafista (facsímile)». No acto estiveron Álvaro José Fernández López, alcalde da Rúa; José Vicente Solarat López, concelleiro de Cultura da Rúa; Mateo Alonso, coordinador institucional de ABANCA en Ourense; Alberto Domaica García, director de la oficina de ABANCA na Rúa; e a coordinadora institucional de Afundación en Ourense e Lugo, Beatriz Fernández-Anguiano. Esta mostra está incluída en «Corrente cultural», un programa enfocado á promoción de actividades culturais máis alá das sedes de Afundación.

«Castelao grafista (facsímile)» permanecerá aberta ata o vindeiro ata o 18 de xullo na Casa dos Poetas de Celanova e poderase visitar martes a venres de 10.30 a 13.30 h.

As imaxes da inauguración están dispoñibles na seguinte ligazón:

https://drive.google.com/drive/folders/1P7PYcfPub5gg7zFAFppyfKPXdb1i_aYl?usp=sharing

Esta exposición enmárcase na iniciativa «Cultura por alimentos» que Afundación leva a cabo en colaboración con FESBAL (Federación Española de Banco de Alimentos) e que pretende achegar alimentos de primeira necesidade aos bancos de alimentos locais. A entidade invita aos visitantes a colaborar con esta iniciativa a través da doazón de alimentos non perecedoiros ao visitar a mostra.

A exposición, que conta con pezas procedentes das coleccións de arte de ABANCA e Afundación, componse dunha escolma rigorosa de obras nas que se reflicte a evolución tanto do compromiso ético, social e político do artista rianxeiro, como dos seus recursos plásticos e a súa querenza pola ilustración. O seu interese pola palabra e pola imaxe consolidouse nas colaboracións que, a partir de 1924, empezou a publicar en medios como Galicia, Faro de Vigo ou Vida Gallega, nas que a ilustración e o texto reflicten a ácida crítica dun Castelao cada vez máis comprometido. Esta forma de arte e denuncia acabaría articulando obras tan relevantes como Cousas da vida (1930) e os álbumes de guerra Galicia mártir (1937), Atila en Galicia (1937) e Milicianos (1938).

No ano 1945, tras case unha década vivindo no exilio, Castelao rematou o que sería considerado como o seu testamento pictórico, A derradeira leición do mestre, unha tea na que se retoma unha ilustración de guerra elaborada en 1937. Nela, Castelao funde ilustración e pintura en homenaxe ás mestras e mestres asasinados tras o golpe de Estado de 1936.

A mostra reúne facsímiles da Colección de Arte Afundación e debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao, dos que pertencen á Colección de Arte ABANCA. Ademais, poderanse ver retratos fotográficos, caricaturas, debuxos e portadas de revistas.