“Alarma Terra de Montes” denuncia “irregularidades de Beariz, Boborás e O Irixo na exposición pública de parques eólicos”

O venres 17 de xuño a asociación Alarma Terra de Montes vén de rexistrar no concello de Beariz máis de 100 alegacións ao proxecto Conexión Beariz 400Kv. Ao silencio administrativo da institución local ás instancias presentadas desde a asociación por vía eléctrónica sumouse a comprobación in situ de que o proxecto, que remata o periodo de alegacións o vindeiro 21 de xuño, non se atopaba exposto no taboleiro municipal e tampouco na sede electrónica. A mesma situación se deu no Concello de Boborás, nin no taboleiro municipal nin na sede electrónica se atopaba a exposición do proxecto.Nestes días, e nesta mesma liña vimos de saber que foi admitida a trámite unha denuncia por presuntas ilegalidades no procedemento administrativo de dous parques no concello do Irixo.

Desde a asociación consideramos necesario e urxente que os concellos expoñan a
información ao público tal e como obriga a lei. É o futuro de todas e todos o que está en xogo, e non pode ser que a 4 días de finalizar o periodo de alegacións a un parque, este nin sequera estea exposto cando os concellos son os primeiros en ter novas das empresas. É agora ou nunca, ou están cos veciños, ou coas empresas.

AVANTAR ACTIVIDADES