O autobús móbil da Unidade de Doazón de Sangue desprazarase na xornada de mañá xoves ata O Carballiño, coma sempre, na Praza do Emigrante. Estará en horario de mañá dende as 10:00 horas ata as 14:00 horas e en horario de tarde dende as 16:00 horas ata as 21:00 horas.
Lembramos a importancia que ten a doazón de sangue, para poder atender a demanda e necesidade dos hospitais, xa que as reservas están ao límite.
Recordamos que pode acudir calquera persoa con ou sen cita previa, que estea san, sexa maior de 18 anos e menor de 65 anos, non ter unha cirurxía, tatuaxes ou perforacións en menos dun ano, pesar máis de 50 quilos e non estar tomando medicamentos.