O C.D. Arenteiro anuncia tres novas renovacións para a próxima tempada

O C.D. Arenteiro segue conformando o seu plantel e anunciando novidades de cara a próxima tempada. Neste caso falamos tres renovacións, a de Markitos, Alex Fernández e Pibe, tres dos nomes máis soados desta última tempada.

Ademais, o club convoca ós seus socios a unha asamblea ordinaria, que se celebrará o día 1 de xullo, no auditorio Manuel María, ás 20:30 horas en primeira convocatoria e ás 21:00 horas na segunda. Os puntos da orde do día serán un balance deportivo, económico e social da pasada tempada; un avance de proxecto para a próxima tempada; un informe do estado da obra no terreo de xogo e rematará cas intervencións dos socios.

AVANTAR ACTIVIDADES