O concello de Cea pon á venda as entradas para o xantar popular da Festa do Pan de Cea

O concello de San Cristovo de Cea anunciou a posta á venda das entradas para o Xantar Organizado da Festa do Pan de Cea. Os puntos de venda son os habituais, locais de hostalaría do municipio e o Concello. Dende a organización avisan de que o número de entradas será limitado, polo que non debedes agardar para adquirilas. A data límite será o 29 de xuño, e a festa terá lugar o domingo 3 de xullo. Este ano xa recupera o seu formato tradicional despois do parón pola pandemia.

Para ir abrindo apetito, a organización xa está ultimando detalles dos dous eventos que terán lugar antes da festa. Por unha banda, este domingo será a sexta edición da Andaina do Pan de Cea, con dous percorridos. O vértice xeodésico de Serra Martiñá, cos seus miradoiros naturais, será o lugar de maior altura de ambas opcións (1.069 metros).

AVANTAR ACTIVIDADES

E o 2 de xullo, sábado, Ruta dos Fornos. Experiencia Gastronómica Singular, onde seis antigos fornos de Pan de Cea serán os protagonistas deste evento que converte a Vila en punto de encontro obrigado na súa VIII edición.