Este fin de semana celébrase unha nova edición do Enduro de Piñor

Presentación do VI campionato Enduro Duro de Piñor. Asisiten Rosendo Fernández (VicePresidente da Deputación Ourense), José Luis González Rodríguez (Alcalde de Piñor), Daniel Rodríguez Cibeira (Representante do Enduro de Piñor) e Javier Quintas Gómez (Organizador da Liga Galega de Campo - Motocros).
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Piñor acolle este fin de semana o V Enduro de Piñor – Copa Deputación, organizado polo Motoclube A Peroxa e que conta co apoio da administración provincial, da Federación Galega de Motociclismo e do Concello de Piñor. 

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A competición, que está enmarcada na Liga Galega de Moto de Campo, foi presentada na sala de prensa do Pazo Provincial polo vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández; o alcalde de Piñor, Jose Luis González; o representante de Moto Clube A Peroxa Javier Quintas, e Daniel Rodríguez, promotor do Enduro de Piñor.

Esta proba constará de tres modalidades diferentes dentro da categoría Hard Enduro, o que supón unha dificultade algo maior ó habitual e que xa é unha característica do Enduro de Piñor, xunto coa celebración dunnha modalidade para os máis pequenos. 

O sábado, día 25 de xuño, disputaranse as modalidades de minienduro -para os cativos, cun percorrido adaptado- e de enduro clásica. Ambas desenrolaranse no monte de Cestos, en Cotelas (parroquia de A Canda). 

O domingo, día 26 de xuño, disputaranse a especial “dagan off road”, en Cotelas -ao carón do parque de autocaravanas do municipio- ademais da especial Diputación de Ourense, nun percorrido novo no pobo do Arenteiro. 

Dende a organización remarcan cos participantes nas probas poderán desfrutar da paisaxe natural da zona, ademais de coñecer a dous dos mellores pilotos de enduro, como son Abel Carballés e Julio Pardo.