Hoxe, celebráse o San Xoán na baixada de Flores

Hoxe, 23 de xuño, celébrase o San Xoán. A orixe desta data está asociada ás celebracións pola chegada do solsticio de verán, o 21 de xuño no hemisferio norte, cuxo rito principal consiste en prender unha fogueira. A finalidade deste rito era “darlle máis forza ao sol”, que a partir daqueles días facíase “máis débil” ―os días son cada vez máis curtos ata o solsticio de inverno. Simbolicamente, o lume tamén ten unha función “depuradora” nas persoas que o contemplan.

Ademais do lume, outro dos grandes protagonistas desta data son as sardiñas. Hoxe quixemos preguntar na praza de abastos por este produto, o principal deste festexo, do que non falla cantidade e o prezo estivo asequible.

AVANTAR ACTIVIDADES

E despois destes anos de pandemia, volven as celebracións, coma a que xa é tradición no Barrio de Flores do Carballiño.

E para que sexa unha noite de festa sen incidencias, dende o servizo galego de emerxencias déixannos unha serie de recomendacións con respecto ás fogueira, como adecuar o seu tamaño ou non esquecernos de controlar o lume e apagalo.