O grupo do PP do concello do Carballiño esixe explicacións sobre a indemnización que o concello debe pagar a un traballador do conservatorio

O pasado 26 de maio o Alcalde do Carballiño firmou un decreto no que acorda a inmediata readmisión de un traballador do conservatorio, ordenando tamén o abono dos salarios deixados de percibir polo traballador desde o día 01/09/2021 ata o día 01/06/2022 e unha indemnización por dano moral de 6.000 euros.

De acordo co citado decreto a readmisión do traballador e o pago das anteriores cantidades debese a que o Concello resultou condenado pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza en sentencia de fecha 19/04/2022, ao considerar que o despido do traballador fíxose con violación dos seus dereitos fundamentais.

AVANTAR ACTIVIDADES

Máis concretamente, o Tribunal considera que o traballador foi despedido por acudir ao xulgado para reclamar a súa condición de persoal indefinido non fixo e ademais que, sendo o primeiro da lista da bolsa de emprego de traballadores temporais non foi contratado para o curso 21/22.

Está decisión do concello do Carballiño, vulnerando os dereitos dos seus traballadores, suponlle o pago de preto de 17.000 euros que se aforrarían si se cumprira a lei.

O mais triste da cuestión e que no pasado pleno, celebrado o día…. déuselle a oportunidade ao equipo de goberno de explicarlle aos veciños cales eran as razóns que os levaran a despedir a este traballador, e a pesar da insistencia do noso grupo, decidiron non dalas.

A realidade e que a día de hoxe calquera pode ter acceso a Sentencia que ditou o Tribunal Superior de Xustiza, polo que non parece moi boa idea negar esa información aos grupos municipais e, en definitiva, os veciños do Carballiño.

A lectura da sentencia non deixa lugar a dúbida: o concello despediu a un traballador porque acudiu ao Xulgado reclamando o que consideraba era o seu dereito. En non conforme con elo, decidiu contratar a outra persoa para o curso seguinte, a pesares de que o despedido era o primeiro da bolsa de emprego que fixo o propio concello. E a consecuencia non pode ser mais clara: o concello debe aboar ao traballador preto de 17.000 euros.

O que non explica nin pode explicar a Sentencia e quen e o responsable político deste desastre, se o Alcalde ou o concelleiro delegado de persoal, D. Manuel Sotelo. E tampouco nos aclara a sentencia si desde o Concello se actuou da mesma forma con outros traballadores, e polo tanto imos atopar proximamente sentencias iguales a esta, coas graves consecuencias económicas que traen.

Compre xa que o grupo de goberno se deixe xa de tratar de ocultar información que un día ou outro vai saír a luz pública, e explique aos veciños que foi o que pasou neste caso, quen é o responsable e se esperan que siga ocorrendo nas próximas fechas.