Ribadavia oferta ás empresas a obra de mellora das beirarrúas de San Cristovo

IES CHAMOSO LAMAS

O perfil do contratante publica hoxe a oferta para a contratación das obras de mellora nas beirarrúas de San Cristovo, no concello de Ribadavia. As empresas terán ata o día 12 de xullo para a presentación de ofertas para a súa execución. A día de hoxe xa se contan cos permisos necesarios, tanto por parte da entidade titular da estrada como por parte da Confederación Hidrográfica. 

Os traballos que se levarán a cabo son unha necesidade, comprometida cos veciños dende anos atrás. Trátase de mellora do abastecemento e saneamento, ca renovación da canalización e o cambio completo de tubaxes. Tamén se efectuará unha solución para as continuas abarías do subministro. Segundo informou a alacaldesa, Noelia Rodríguez, teñen lugar entre 15 e 20 roturas ó ano, polo que é necesaria unha actuación urxente. 

HIPER MASIDE

Por outra banda, porase fin ós verquidos no río por medio da canalización de augfas pluviais.Este proxecto poderá levarse a cabo gracias á colaboración ca Confederación Hidorgráfica, que aportará 800.000 euros. O concello deberá asumir o 20% restante da inversión. A alcaldesa asegura que os veciños non deberían ser discriminados por ningunha administración ó tratarse de servizos básicos.