A XIII edición da BTT de Maceda reunirá este domingo a máis de 180 deportistas

A proba, que como novidade decidirá o Campionato de Galicia, abarcará categorías dende cadete ata máster nun circuíto de catro quilómetros

Entre os participantes da proba resaltan nomes referenciais da BTT como Saúl López, Andrea García ou Pablo Rodríguez

AVANTAR ACTIVIDADES

Ourense, 24 de xuño de 2022.- O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, participou na presentación da XIII edición da BTT de Maceda – Copa Deputación, que se disputará este domingo. Fernández estivo acompañado polo alcalde de Maceda, Rubén Quintas; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; o presidente e a vicepresidenta do Clube Ciclista Maceda, Xulio Conde e Elena González; o xefe territorial de Deportes da Xunta de Galicia, Manuel Pérez; e o patrocinador da proba Francisco Novoa, director xeral do Grupo Academia Postal. 

A proba presenta como novidade decidir o Campionato de Galicia de BTT. Contará con categorías dende cadete á máster, cun circuíto de catro quilómetros de deseño xa clásico, pois xa ten albergado numerosos campionatos a nivel autonómico e nacional. 

Entre os 180 participantes inscritos na proba resaltan especialmente Saúl López, Andrea García ou Pablo Rodríguez, como mostra clara, apuntan dende a organización, do alto nivel dunha competición na que tamén participarán varios integrantes da selección rumana de ciclismo, que estes días atópanse en Galicia realizando un “stage” de preparación.