Moción de Espazo Común para que se cree un plan de recuperación da Praza de Abastos

TEXTO DA MOCIÓN

AVANTAR ACTIVIDADES

                 Manuel Vázquez Fernández, Adolfo Nogueira Campo e Érika Paz Rodríguez como concelleiros do Grupo Municipal de Espazo Común deste Concello e en base ao disposto nos artigos 91.4 e 97.3 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das entidades locais e demais normativa que poida resultar de aplicación, presenta, diante do Pleno da Corporación esta  MOCIÓN PARA QUE SE CREE UN PLAN DE RECUPERACIÓN DA PRAZA DE ABASTOS en base á seguinte                  

                                                         EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Praza de Abastos do Carballiño é todo un símbolo da nosa historia. Unha vila erixida, en gran medida, en torno á figura de grandes emprendedores e dunha intensa vida comercial.

Hoxe en día, é tamén un símbolo e un triste reflexo da decadencia de moitos dos que deberan ser eixes troncais da vida diaria e da economía do noso pobo.

Unha praza case baleira, cunha oferta limitada case por completo á carne e ao peixe, que queda a anos luz das doutras de vilas semellantes que foron recuperadas con gran éxito.

No período 2015-2018 fixeronse inversións constantes para mellorar a imaxe dos postos e do edificio, creouse unha imaxe de marca da Praza, iniciaronse campañas promocionais nas épocas sinaladas do ano, fixeronse xornadas lúdicas no entorno, organizáronse visitas escolares e traballouse arreo para que os postos hoxe abandoados se poideran ocupar aumentando a oferta a outros produtos diferentes…

Dende 2018 a hoxe, arranxáronse o ascensor e os baños e copiouse o esquema de campañas sen aportar absolutamente nada novo dende o Concello do Carballiño.

Na actualidade só 10 postos do interior teñen actividade e, varios destes, pecharán pronto por xubilacións.

Cómo non se tomen medidas de xeito urxente, a situación pode ser irrecuperable, cando se conta cun edificio senlleiro, ubicado no mesmo centro do pobo e cheo de posibilidades, sería imperdoable deixalo caer tamén como se está a facer con outras tantas cousas.

É indiscutible que con algo de traballo e un proxecto, a Praza de Abastos do Carballiño ten futuro.

Visto todo o anteriormente comentado,

                                                                         SOLICITAMOS

  1. Que se elabore con urxencia un Plan de Recuperación da Praza de Abastos do Carballiño.