O Concello ten previsto a apertura ao público da piscina municipal o vindeiro mércores, 29 de xuño. Será en horario de mañá de 11 a 14.30, e de tarde de 16.30 a 20.45hh.
Ademais, o luns 4 de xullo comezará o Curso de natación, que este ano bateu récord de participación con 80 matriculados.
ACCESO E RESERVAS:
O acceso á instalación farase con Previa Reserva. A reserva realizarase cada 7 días, xa que cada usuario poderá reservar en cada ocasión ata un máximo de sete días.
As reservas será a través da web www.deportesribadavia.es , podendo tamén realizarse en persoa nas oficinas do SMD de Luns a Venres (9:00 h. a 13:30 h.) ou chamando ao tlfno. 988471549 para informarse, dispoñendo o Concello de axuda para todas as persoas que o necesiten.
Recordamos que os socios e socias do Servizo Municipal de Deportes non deberán pagar polo acceso á piscina, bastará con facer a reserva.
HORARIOS :
MAÑÁ : 11:00 h. a 14:30 h.
TARDE/SERÁN : 16:30 h. a 20:45 h.
CURSO DE NATACIÓN:
O curso de natación dará comenzo o Luns 4 de xullo en horario de mañá (11:00 a 14:30 horas).
No mes de Xullo tomarán parte no mesmo 80 nen@s.
O día 1 de Xullo daranse a coñecer a composición dos grupos e horarios.
AFOROS:
O aforo será dun máximo de 244 persoas na quenda de mañá e o mesmo na quenda de tarde/serán.
Toda a información dispoñible no web municipal