Boborás recupera a Feira de Feás trala pandemia, o próximo 10 de xullo

Os veciños de Feás, no concello de Boborás, volverán a celebrar a Feira de Feás, que alcalza a súa terceira edición, motivado polo parón da pandemia. No 2018, dende o concello tomábase a decisión de volver a poñela en marcha, como recuperación das antigas tradicións.

Esta nova edición celebrarase o 10 de xullo, domingo, dende as 10:00 horas no campo da festa. Contará con música en directo, artesanía e mercado de produtos e alimentos autóctonos, e xogos para nenos, entre outras novidades. Tamén haberá un xantar popular, a base de empanada, pulpo, churrasco e postes.

AVANTAR ACTIVIDADES