Esta mañá presentouse a II edición do Descenso Internacional Ourense Provincia Termal en Laias

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na presentación da II edición do Descenso Internacional Ourense Provincia Termal, patrocinado pola Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Ourense, e organizado polo Club Piragüismo Ourense, que se desenvolverá o domingo, 21 de agosto.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Gabriel Alén, tras agradecer á Deputación de Ourense por ser exemplo de cooperación institucional en esta e en calque iniciativa que se lle traslade e que sexa interesante para a provincia, explicou que se trata dunha proba, puntuable para a liga galega,  que percorrerá 17 quilómetros polos concellos ourensáns de Barbadás, Toén, Punxín, Cenlle e Castrelo de Miño, onde se ofrecerá aos participantes a oportunidade de coñecer as espectaculares paisaxes polas que transcorre o río Miño, e  poderán ser protagonistas en primeira persoa dunha natureza en estado puro onde se combinan a singularidade, a historia e o valor patrimonial do conxunto do territorio.

As categorías nas que se dispute esta competición serán as de K1, K2, C1 e C2, mulleres e homes, xuvenil, sénior e master, e formarán parte do calendario deportivo provincial.