O círculo de Podemos en O Carballiño urxe a avanzar nos dereitos LGTBIQ+.

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Manuel Nogueira, voceiro do círculo: “a mellor maneira de celebrar o Orgullo e seguir
avanzando en dereitos”
A formación presenta unha requirimento no concello para instar ao Goberno do Estado a
aprobar á maior brevidade a Lei LGTBI e TRANS.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Círculo de Podemos en O Carballiño vén de rexistrar unha proposta para que a corporación municipal de O Carballiño inste ao Goberno do Estado a acelerar os trámites para a aprobación da Lei Trans e LGTBIQ+.
Segundo Manuel Nogueira “como sociedade temos unha débeda coas persoas LGTBIQ+,
aprobar a lei TRANS e LGTBIQ+ é unha cuestión de xustiza e de respecto dos dereitos
humanos”. Ademais, sinala que “a mellor maneira de celebrar o Orgullo e seguir avanzando en dereitos”.
A formación local morada pon en valor o traballo feito polos colectivos LGTBIQ+ como
“fundamental para a conquista de dereitos e construción dunha sociedade máis igualitaria e xusta”. Ademais, anima á veciñanza a participar nos actos de celebración deste Orgullo 2022 e agradece o seu traballo ás organizacións. Asemade, espera o compromiso da corporación cos acordos propostos, xa que o Concello ten unha “responsabilidade por ser a institución máis próxima as persoas en facer da nosa unha vila diversa e inclusiva”.


REQUERIMENTO

Á ATENCIÓN DO ALCALDE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE O CARBALLIÑO

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O 30 de xuño de 2005, España fixo historia coa aprobación dunha modificación
no código civil en favor do matrimonio igualitario. Cando o 3 de xullo dese mesmo ano
a lei entrou en vigor, o país converteuse no terceiro do mundo en dar un paso tan
importante no recoñecemento dos dereitos das persoas LGTBI. Aquilo abriu un camiño
sobre o que, pouco a pouco e grazas ao puxo do colectivo nas rúas, foise avanzando
nas conquistas.
Sen embargo, a partires de 2011, coincidindo coa entrada no Goberno do
Partido Popular, este progreso comezou a ralentizarse, como demostran os datos no
mapa e índice Rainbow Europe, que clasifica a situación legal e política das persoas
LGTBI en 49 países europeos e que este 2022 coloca a España no 11º posto, despois
de caer cinco lugares en só un ano e ata nove na última década.

Segundo a Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Trans, Bisexuais,
Intersexuais e Máis (FELGTBI+), na actualidade, as principais causas de descenso
nesta lista xiran en torno ao recoñecemento das persoas non binarias e ao dereito á
autodeterminación, sendo que no caso concreto de España, a organización sinala a
desigualdade lexislativa entre territorios como o factor determinante no empeoramento
nas notas do país. E é que hoxe por hoxe, cada territorio conta coa súa propia norma
e Asturias e Castela e León seguen sen aportar ninguna lei autonómica de dereitos
LGTBI. Dito doutro xeito: España precisa aprobar unha lei trans e LGTBI estatal que
iguale á alza os dereitos nas 17 comunidades autónomas e nas dúas ciudades
autónomas.

Por se fose pouco, á parálise lexislativa súmase agora e cada vez con máis
forza a irrupción da ultradereita nas institucións e, con ela, a normalización dos
discursos de odio que avalan a LGTBIfobia. Segundo informes do Ministerio do
Interior, en 2021, os delitos por orientación sexual ou identidade de xénero foron a
segunda causa de delitos de odio en España, e a que máis medra: os incidentes
denunciados o ano pasado foron 477 fronte aos 277 de 2020. En resumo, un de cada
catro delitos de odio en España son contra o colectivo LGTBI.
É de xustiza social que se cumpla o acordo de Goberno e se aprobe unha lei
trans e LGTBI estatal que prevea e elimine a discriminación que sofren as persoas
LGTBI e que, á súa vez, garantice a reparación, pero, tamén, a igualdade real e
efectiva dos seus dereitos, tal e como recolle o artigo 9.2 da Constitución. Que todas,
todos e todes temos o dereito a ser en diversidade e a vivir dignas e libres.
Por todo isto, o Círculo de Podemos de O Carballiño presenta para a súa
aprobación o presente requirimento cos seguintes ACORDOS:

PRIMEIRO. Que a Corporación Municipal inste ao Goberno Estatal a acelerar
os trámites parlamentarios para aprobar a lei trans e LGTBI, a cal:

  1. Como xa fixo a Organización Mundial da Saúde, recoñecerá que as persoas
    trans non sofren ninguna patoloxía e recollerá o expresado na Resolución do
    Consello de Europa en 2015 na que se pide aos Estados parte desenvolver
    procedementos rápidos, transparentes e accesibles baseados na
    autodeterminación de xénero e se recomenda eliminar a obligatoriedade dos
    tratamentos médicos ou de diagnósticos de saúde mental para poder acceder
    ao cambio de nome e sexo no rexistro.

2. Prohibirá en todo o territorio as chamadas “terapias de reconversión” que non
son máis ca torturas ideolóxicas e que están proscritas por todas as
organización profesionais de referencia así como polo Colexio Oficial de
Psicólogos polos danos que poden provocar.

  1. Dotará de plena igualdade de dereitos ás mulleres lesbianas e bisexuais no
    acceso ás técnicas de reprodución asistida e na filiación das súas crianzas sen
    que teñan que recorrer ao matrimonio.
  1. Incluirá un currículo inclusivo para o alumnado e o profesorado e promoverá
    valores de igualdade e non discriminación por orientación sexual ou identidade
    de xénero.
  2. Avanzará nas recomendacións establecidas pola Comisión Europea na súa
    primeira Estratexia de Igualdade LGTBIQ 2020-2025, incluindo a
    transversalidade e a interseccionalidade para os dereitos LGTBI estean
    presentes en todos os ámbitos de acción gubernamental.
  3. Garantirá a libre determinación da identidade de xénero para todas as
    infancias trans e os dereitos das persoas LGTBI migrantes e/ou en situación
    administrativa irregular.
  4. Protexerá os dereitos das persoas non binarias otorgando a posibilidade de
    que a casilla referida ao sexo quede en branco nos documentos oficiais.