Un total de 241 persoas desfrutaron da andaina do pan de Cea este domingo

A Andaina Festa do Pan de Cea alcanzou a súa sétima edición onte domingo, como preludio para o que xa será unha festa tradicional, como en anos previos á pandemia. Nela participaron 241 persoas, procedentes de toda Galicia, que puideron desfrutar de dous percorridos, un de 20 quilómetros e outro de 10, ambos con saída da Praza Maior e con paso polos lugares e paisaxes máis senlleiros do municipio, con paso ademais pola Serra Martiñá, o pico máis alto.

Ademais de colaboradores e patrocinadores, dende a organización quixeron agradecer o traballo feito pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, e ó Club Ciclista MPC Terras de Cea, comprobando o estado dos camiños. Agora, xa están preparando unha nova edición, mentres esta próxima fin de semana celebrarase a Ruta dos Fornos, na tarde-noite do sábado, e a tradicional Festa do Pan de Cea, o domingo.   

AVANTAR ACTIVIDADES