Moción de Espazo Común para que se faga unha exposición pública do proxecto de estación intermodal

IES CHAMOSO LAMAS

                                           EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

O transporte público e a súa paulatina caída a menos é outro triste exemplo máis do evidente declive dunha vila coma O Carballiño que, ano a ano, ten que ver como van desaparecendo servizos.

HIPER MASIDE

Liñas de tren, liñas de bus, venda de billetes… A xeira de retrocesos neste apartado é, lamentablemente, demasiado longa.

O perxuízo é amplo, por exemplo para estudantes e traballadores con dificultades para desprazarse aos seus destiños.

Para unha vila pretendidamente turística tamén é unha pésima nova a supresión destas posibilidades: resulta un sensentido promocionar O Carballiño nunha estación de tren de Madrid coa excusa de que o AVE nos pode traer moitos visitantes e que os potenciais pasaxeiros non teñan conexión algunha dende Ourense para vir ata aquí.

Dende hai tempo vimos escoitando falar da construción dunha Estación Intermodal, instalación que viría a fusionar as infraestruturas do transporte público por autobús coas do transporte por ferrocarril. A priori, unha boa proposta.

Sobre todo, se quedaran trens.

Estamos ante un deses proxectos que poden ser esenciais para o desenvolvemento futuro do noso pobo e, polo tanto, consideramos que non se debe facer de calquer xeito e moito menos ás escuras. É fundamental atinar co modelo axeitado.

Debería procurarse por iso o maior consenso posible e debería facerse con toda a transparencia que falla noutras cuestións.

 Despois de (unha vez máis) só ter novas ao respecto ao través da prensa, dende Espazo Común demandamos que se faga unha exposición pública do proxecto que se vai desenvolver entre Xunta de Galicia e Concello e que tódolos cidadáns poidamos facer aportacións co obxectivo de melloralo e acadar que sexa o máis acaído posible ás necesidades actuais dos usuarios e que posibilite un aumento futuro do número destes.

Visto todo o anteriormente comentado,

                                                                         SOLICITAMOS

  1. Que se faga unha exposición pública do proxecto acordado entre a Xunta de Galicia e o Concello do Carballiño para a construción dunha Estación Intermodal.