O Carballiño contará con máis de cen actividades culturais e turísticas este verán

O salón de plenos do Concello do Carballiño acolleu esta mañá a presentación da programación cultural e de ocio para o mes de xullo. Nela estivo presente o concelleiro de cultura, Diego Fernández e polo concelleiro de turismo, Manuel Dacal. Esta programación non está pechada aínda, xa que haberá algunha sorpresa. Entre os pratos fortes destacan os seguintes. Comezará ca feira medieval “A Liorta” esta fin de semana, onde tamén haberá dúas actuacións teatrais dentro dos Circuítos Galegos, organizados por Tiruleque.

Para seguir recuperando eventos, o entroido de verán o día 9 e o mesmo día, a Festa dos Maiores, que adoita reunir a máis de 25.000 persoas. Os concertos “Feito no Carballiño” volven, pero en varios días e de xeito itinerante. Haberá tamén unha nova edición de Flores de Cine, organizado polo Cineclub. E o día 22, haberá un concerto sorpresa, polo de agora. Do 27 ó 31 celebraranse as Xocivigas, este ano xa organizadas, en colaboración co concello, por un grupo de mozos expertos no eido audiovisual.

AVANTAR ACTIVIDADES

En canto ó mes de agosto, comezará adicado ós máis pequenos, seguindo o día 6 co Festival de Habaneras. O día 9 xa comezarán as actividades ligadas á Festa do Pulpo, ca tapa máis grande do mundo. Os días previos á festa, contaremos co Combo Dominicano o venres, seguido o sábado do concurso de camisetas e da tradicional festa o domingo día 14. Do 14 ó 19, volve o festival de títeres para os máis pequenos. E en setembro, o FETEGA, e a comisión de festas xa traballa nas festas patronais do San Cibrao.

Ademais desta programación, haberá outras actividades como teatro, maxia, ou concertos, que iremos anunciando segundo se aproximen as datas.

Todo o verán contará cun presuposto municipal que rozará os 100.000 euros, que se podería chegar a duplicar contando as achegas e subvencións doutras administracións e patrocinadores.