Tres alumnos do IES Nº1 son recoñecidos polo seu sobresaínte na ABAU

IES CHAMOSO LAMAS

Esta mañá, no centro IES Nº1 do Carballiño, rendeuse unha homenaxe a tres alumnos polos resultados obtidos nas recentemente celebradas probas da ABAU. Nada menos ca un sobresaínte foi o resultado do esforzo e traballo dos últimos anos, pero sobre todo dos últimos meses.

O éxito tamén hai que reconocerllo o resto de compañeiros que se presentaron xa que todos superaron as probas da ABAU

HIPER MASIDE

Julia Pérez López, Candela Cerdeira Dapena e José Otero Prado foron os que acadaron estes bos resultados, pensando no seu futuro, con clara dirección marcada para algúns, como para as dúas mozas, que queren estudar Traducción e Interpretación no primeiro caso e Física, no segundo. Mentres que para outros, como José, que aínda non teñen nada claro a que se van adicar, teñen un amplo abano de posibilidades grazas a esta nota.

Noraboa ós tres!