A Axencia de Doazón de Sangue pide reservas de A positivo e negativo e 0 positivo

A Axencia de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS), fai un chamamento xeral á participación da poboación galega na doazón de sangue e, de xeito especial, aos doadores A Positivo, A Negativo e 0 Positivo. As reservas destes tres grupos sanguíneos presentan niveis baixos, polo que é necesario reforzar a convocatoria permanente de participación nas campañas de doazón que leva a cabo a Consellería de Sanidade a través da mediación de ADOS. Por iso cómpre lembrar que os centros de saúde de Galicia precisan entre 400 e 500 diarias para realizar con eficacia as súas tarefas sanitarias.

As diferentes unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue percorrerán estes días diferentes concellos galegos e tamén se poden facer doazóns acudindo ós hospitais de cada zona.

AVANTAR ACTIVIDADES