CxG de Punxín colabora ca fiscalía no procedemento aberto por ilegalidade urbanística contra o alcalde

O concelleiro de Compromiso por Galicia en Punxín, Eladio Fernández, compareceu en rolda de prensa para comunicar a  apertura dun procedemento xudicial contra o Alcalde de Punxín. Recorda o procedemento de investigación aberto pola APLU en referencia ó incumprimento da legalidade urbanística por parte do alcalde en canto as obras na súa vivenda particular. O concelleiro informou de que o procedemento avanzou ademais ata ter unha causa aberta investigada pola fiscalía, un procedemento ó que o voceiro se suma cun escrito.

O voceiro critica ademais que as obras municipais son contratadas na súa maioría á mesma empresa, a que tamén realizou as obras na súa vivenda.

AVANTAR ACTIVIDADES

O voceiro ademais explicou os motivos polos que a APLU considera que non hai posibilidade de legalizar a licencia, cuxo proxecto de fin de obra tampouco conta ca firma do arquitecto.