Tiruleque pechará o Circuíto de Teatro o domingo, donando as ganancias para Ucrania

Remata o Circuíto Galego de Teatro Amador do Carballiño, organizado por Tiruleque, Grupo de Teatro. As representacións serán no Auditorio Manuel María do Carballiño, e o prezo da entrada é de tres euros. O sábado 2 de xullo, Falcatrueiros Teatro, da vila de Monterroso, porá en escena a comedia CLOWNCERTAZO.

E pecha Tiruleque, Grupo de Teatro, o domingo 3 de xullo coa traxicomedia SOUTELO ENTERPRISE cunha nova versión desta obra, na que o importe a recoller coa venda de entradas entregarase a Cáritas, a prol de Ucraína.

AVANTAR ACTIVIDADES