No concello de Ribadavia: convocatoria dunha praza de auxiliar administrativo

Publicase hoxe no BOP

Obxecto: convocatoria dunha praza de auxiliar administrativo, modalidade de funcionario interino ata a incorporación da titular da praza.
Órgano de aprobación: Xunta de Goberno Local de data 27.06.2022.
Prazo de presentación de solicitudes: 10 días hábiles seguintes contados dende a publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense.
As solicitudes presentaranse, de conformidade co disposto nas bases, no Rexistro Xeral do Concello.
Bases da convocatoria: poderán ser consultadas na páxina web do concello e no taboleiro de anuncios da casa do concello, en horario de oficina, durante o prazo de presentación de solicitudes.
Prazas ofertadas: as previstas nas bases da convocatoria.

AVANTAR ACTIVIDADES