Alex García e Marcos Rodríguez, do Club Ciclista Carballiño representan á selección galega en Valladolid

Esta fin de semana os corredores do Club ciclista Carballiño, Alex García e Marcos Rodríguez, defenderon as cores da selección galega nos Campionatos de España Escolares 2022, disputados en Valladolid, asinando un enorme papel. Alex acadaba un 6° posto en categoría Cadete, conseguindo ademais a medalla de prata por equipos. Pola súa parte, Marcos remataba no posto 41° da categoría Infantil.

Dende o club felicitan a tódolos membros do equipo da Federación Ciclismo Galego por tódolos éxitos acadados, así como a todos os técnicos e responsables de fixeron que os nenos estivesen atendidos dun xeito incomparable.

AVANTAR ACTIVIDADES