NOTA INFORMATIVA DE ESPAZO COMÚN:
40.365,60 € por dous anos para dotar á Policía Local de vehiculos onde se pode ler Policía de Albacete.
Un deles xa leva varias visitas ao taller en tan só unhas semanas.
Pouco a pouco imos sabendo como pode ser que o Concello do Carballiño estea a malgastar ano tras ano orzamentos moi xenerosos sen que se vexa reflectido nunha mellora dos servizos recibidos polos cidadáns.
Temos un novo exemplo na adxudicación a unha empresa do contrato de aluguer do dous vehículos para a Policía Local.
Dos impostos dos veciños sairán máis de 40.000 € en dous anos para pagar por uns coches en aluguer, sen dereito algún posterior.
Se xa semella unha operación dubidosa, a sensación aínda empeora cando vemos que se trata de vehículos con moitos quilómetros e que xa pasaron, no mellor dos casos, por algunha comisaría máis por España adiante.
Así, nun deles pode lerse perfectamente na xanela traseira a lenda Policía de Albacete.
Así, non é de extrañar que xa se leven varias visitas ao taller en poucas semanas co conseguinte trastorno.
Preguntámonos como se poden pagar tantos cartos por uns vehículos que xa non serven para outras policías pero a resposta ven soa: os que toman estas decisións non os pagan do seu peto.
Unha nova mostra da incapacidade para xestionar desta volta con dous claros responsables: o alcalde Fumega e o concelleiro Manuel Sotelo.