O Concello de Cenlle acordou ofertar unha subvención ás familias do alumnado de centros docentes públicos de educación infantil e educación primaria, para o curso 2022-2023 para adquisición de libros e material escolar. Os requisitos serán estar empadroados no Concello de Cenlle, ser alumno/a no centro, non exceder o máximo de ingresos segundo as presentes bases por cada membro da unidade familiar.
A concesión de axudas conta con un orzamento total de 3.000,00 €. Os beneficiarios poderán recibir como máximo o 100% do orzamento presentado sobre os gastos subvencionables. As solicitudes presentaranse no concello no modelo normalizado que será publicado na sede electrónica municipal www.cenlle.es.
Publicase hoxe no BOP
Convocatoria e bases reguladoras que rexerán a concesión de axudas para adquisición de libros e material escolar, para o curso 2022-2023
Acceso ao BOP Premer na Imaxe