Ribadavia acolle o IV encontro da banda sinfónica xuvenil galega.

O IV Encontro da Banda Sinfónica Xuvenil Galega estase a desenvolver na vila de Ribadavia entre os días 4 e 8 de xuño, e rematará con un concerto o último día da xornada, o venres á noitiña.

Neste encontro participan máis de 50 mozas e mozos músicos de toda Galicia, en xornadas que mesturas formación, ensaio musical e lecer. Nunha constante aposta polo talento e a formación dos músicos galegos desde a mocidade, esta agrupación conformada por máis de 50 músicos de toda a xeografía galega están a prepararar un repertorio variado e que inclúe tamén obras de estrea.

AVANTAR ACTIVIDADES

O repertorio que se estreará no concerto de Ribadavia do día 8, venres, tamén se poderá escoitar ao día seguinte na Cidade da Cultura o sábado 9.

Na xornada de hoxe participou no encontro a Directora Xeral de Xuventude, Cristina Pichel, que foi recibida na súa visita a Ribadavia pola Vice-Alcaldesa Paula Rodríguez e o Portavoz do goberno Brais Fidalgo.

Desde o Concello estamos moi satisfeitos e agradecidos á Federación Galega de Bandas de Música Populares por pensar en Ribadavia para esta xornada de convivencia e aprendizaxe.
Ribadavia e o Ribeiro teñen unha gran tradición de cultura musical e de bandas de música, sendo a A Lira a decana de Galicia, e dispón de espazos como o Auditorio do Castelo, o Convento de San Domingos ou a Alameda de Ribadavia onde habitualmente se celebran concertos de bandas de música de toda Galicia