A Festa do Pulpo, declarada de Interese Turístico Internacional polo goberno de España

A Secretaría de Turismo do Goberno de España comunicoulle ao alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, a nova desta declaración, que o organismo do goberno de España fai público a través dun tuiter.

Trátase dunha boa nova para O Carballiño e a Festa do Pulpo, que sorte efecto tras varios años de moito esforzo para poder cumprir os requisitos desta declaración, que son moi rigorosos e cambiaron hai pouco tempo.

AVANTAR ACTIVIDADES

O concello quere agradecer ao secretario de Turismo, ao goberno de España e tamén á Xunta de Galicia, que sempre colaborou co concello para poder obter esta cualificación, a deferencia co Carballiño e, sobre todo, coa Festa do Pulpo, que é unha das maiores manifestacións gastronómicas de Galicia e España, e agora o será tamén do mundo.

A 60 Festa do Pulpo, que tras dous anos de pandemia non se puido celebrar, estreará o domingo 14 de agosto a tan ansiada declaración de Festa de Interese Turístico Internacional, e iso é un motivo de orgullo para O Carballiño e para a nosa tradición pulpeira.

O concello tamén resalta o bo traballo dos concelleiros e concelleiras do goberno municipal para a obtención desta declaración, en especial, do concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, así como o de Cultura, Diego Fernández, quen xunto co alcalde levaron directamente os trámites.