Afundación presenta en Ourense unha mirada diversa sobre o confinamento en Galicia vivido hai xusto dous anos

Trátase dun proxecto que amosa, a través da mirada de sete fotoxornalistas galegos, o que sucedía onde nós, confinados nas nosas casas, non podiamos chegar

Con estas miradas, Afundación recoñece o importante labor de quen estiveron en primeira liña e de quen, conscientes da responsabilidade da súa colaboración, ficaron nos seus domicilios

AVANTAR ACTIVIDADES

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta mañá, martes 5 de xullo, en Ourense o seu proxecto cultural «Galicia en vilo. Miradas desde o confinamento», en colaboración co Concello de Ourense. Unha proposta na que a fotografía tomará o protagonismo para amosar as situacións e as escenas coas que todo cambiou hai agora dous anos. A presentación a medios terá lugar ás 11.00 h, na avenida de Pontevedra. Contarase coa presenza de Armando Ojea, primeiro tenente de alcalde de Ourense; Paloma Vela, coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación; e os fotógrafos Miguel Muñiz, Brais Lorenzo e Óscar Corral.

A mostra «Galicia en vilo», situada na rúa Príncipe, recolle as imaxes realizadas por 7 fotoxornalistas galegos que tomaron o pulso ao que estaba a suceder no exterior das nosas casas, exercendo así de notarios da historia para a posteridade. Óscar Corral, Mónica Vila, Agostiño, Brais Lorenzo, Miguel Muñiz, Miguel Riopa e Xoán A. Soler son os autores das fotografías que forman «Galicia en vilo».

EventoRolda de prensa «Galicia en vilo. Miradas dende o confinamento»
LugarAvenida de Pontevedra, Ourense
Data e horaMartes, 5 de xullo, 11.00 h
AsistentesArmando Ojea, primeiro tenente de alcalde do Concello de Ourense Paloma Vela Garicano, coordinadora adxunta da Área de Cultura de Afundación Miguel Muñiz, fotógrafo Brais Lorenzo, fotógrafo Óscar Corral, fotógrafo