Luis Menor, proclamado candidato único á presidencia local do PP en Pereiro de Aguiar

O Comité Organizador validou os preto de medio cento de avais rexistrados en tempo e forma polo actual presidente da agrupación, que opta así á súa reelección: “Toda unha mostra de apoio que me enche de forza para seguir desenvolvendo o labor feito nestes tres anos e medio” 

·       O candidato afirma que “a partir deste momento reactivamos a engrenaxe do partido para a cita electoral máis importante, as municipais do ano próximo, na que esperamos contar coa maioría dos votos da veciñanza como ocorreu historicamente neste concello”

AVANTAR ACTIVIDADES

·       Cara o período de campaña electoral interna que se abre mañá e rematará o día 11, adianta que percorrerá o municipio “presentando as súas propostas para un novo mandato, cun equipo renovado e cun partido máis amplo grazas ás novas afiliacións

O Comité Organizador dos Congresos locais extraordinarios do Partido Popular de Ourense proclamou hoxe a Luis Menor como candidato único á presidencia da agrupación local de Pereiro de Aguiar, trala reunión celebrada esta tarde na sede provincial e na que se validaron os preto de medio cento de avais presentados en tempo e forma polo aspirante á reelección no conclave convocado para o 16 de xullo no auditorio dos Gozos.

“Toda unha mostra de apoio que me enche de forza para seguir desenvolvendo o labor feito nestes tres anos e medio”, dixo Luis Menor destacando así a positiva resposta dos afiliados de Pereiro de Aguiar. O xa candidato afirmou que “a partir deste momento reactivamos a engrenaxe do partido para a cita electoral máis importante, que son as municipais do ano próximo, na que esperamos contar coa maioría dos votos da veciñanza como ocorreu historicamente neste concello”.

Mentres e no período de campaña electoral interna que se abre mañá e rematará o día 11, Menor adiantou que percorrerá o municipio “presentando as súas propostas para un novo mandato, cun equipo renovado e cun partido máis amplo grazas ás novas afiliacións que vimos tendo”.

É o momento de “aglutinar o apoio dos afiliados para culminar un proceso interno e que ese apoio se traduza logo nas urnas por parte da cidadanía, converténdonos nunha alternativa clara e nun instrumento para que o PP siga gobernando na provincia e Galicia e alcance o goberno de España”, concluíu