Manuel Baltar asina o expediente de contratación do servizo de redacción do proxecto para transformar o Pazo Provincial en Gran Hotel Balneario

Reunion Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) asina a provicencia de incoación de expediente de contratación para proceder a contratación do servizo de recación do proxecto básico de renovación e transformación do edificio do Pazo Provincial de Ourense en Gran Hotel Balneario.


A redacción deste proxecto ten un importe de 251.600 euros

Manuel Baltar enmarca esta sinatura nos “pasos firmes e planificados que está a dar a Deputación para transformar o Pazo Provincial no Gran Hotel Balneario, que será unha referencia en Europa e que agardamos sexa realidade antes do 2027”

AVANTAR ACTIVIDADES

En paralelo avanza o proceso para o traslado da Deputación, que se está realizando en constante diálogo coas administracións públicas como demostra a presenza na comisión de seguimento da Xunta de Galicia, titular dos edificios que se están estudando como posibles sedes provisionais

O presidente da Deputación lamenta certas declaracións públicas contra o posible traslado provisional da administración provincial ó antigo Pazo de Xustiza: “Estamos valorando, estudando e avaliando, non hai ningunha decisión definitiva. Por iso, estas palabras foron completamente desproporcionadas e van en contra do poder executivo, elixido directamente polos veciños. Non hai poderes públicos de primeira e de segunda, nin funcionarios de primeira e de segunda”

O presidente da Deputación, Manuel Baltar, asinou esta mañá a providencia de incoación do expediente de contratación do servizo de redacción do proxecto básico de transformación do Pazo Provincial en Gran Hotel Balneario. 

A redacción deste proxecto ten un importe de 251.600 euros, na liña do acordado no encontro de traballo celebrado o xoves 30 de xuño no Pazo Provincial. Nesta reunión, presidida por Manuel Baltar, estiveron presentes o delegado territorial da Xunta de Galicia, Gabriel Alén; a edil de Urbanismo do Concello de Ourense, Sonia Ogando; o responsable do proxecto do balneario, Mario Crecente; e os técnicos da administración provincial Mónica Legaspi, Juan Marquina, Eva Reza e Javier de Anta.

O presidente da Deputación resalta a labor realizada por esta comisión de seguimento e de tódalas persoas implicadas nunha folla de ruta que busca dotar da “velocidade axeitada ós fluxos de traballo que permitirán executar o Gran Hotel Balneario”. 

Manuel Baltar enmarca a sinatura desta providencia nos “pasos firmes e planificados que está a dar a Deputación de Ourense para transformar o Pazo Provincial nunha infraestrutura termal que será unha referencia en Europa, e que agardamos sexa unha realidade antes de 2027”. 

“E dentro deste calendario -detalla o presidente da Deputación- agora abriranse os prazos para redactar o proxecto básico e a súa licitación. Esperamos telo nos próximos meses e que en 2023, unha vez rematadas as medicións esixidas pola lei autonómica, solicitar a declaración de auga mineiro medicinal e termal e seguir cumprindo os prazos que permiten avanzar neste proxecto, unha das obras transformadoras do futuro da provincia de Ourense”. 

Traslado provisional da Deputación de Ourense

Dentro do cronograma da transformación do Pazo Provincial nun Gran Hotel Balneario, para o segundo semestre do 2023 agárdase poder executar o traslado ás instalacións provisionais. Un posible destino que, segundo detallouse na reunión de traballo celebrada o pasado xoves e dentro deste proceso de análise, podería ser o antigo Pazo de Xustiza, na praza de Concepción Arenal, ou a delegación de Sanidade na avenida de Zamora. Dous inmobles que reunirían os 3.000 metros cadrados necesitados polas doce áreas da administración provincial para funcionar a un nivel óptimo. 

Estes traballos de avaliación que desembocarán no futuro traslado da administración provincial a unha sede provisional están a desenrolarse cun constante diálogo co resto de administracións públicas, como demostra a propia composición da comisión de seguimento deste proxecto, na que está presente a Xunta de Galicia, titular dos dous edificios que están en proceso de valoración como posibles destinos da Deputación. 

Nesta liña, o presidente do goberno provincial lamenta certas exposicións públicas dos últimos días contra a posible traslado desta administración ó antigo Pazo de Xustiza: “Estamos valorando, estudando e avaliando, non hai ningunha decisión definitiva. Por iso, estas palabras foron completamente desproporcionadas e van en contra dun poder executivo como é o provincial, elixido directamente polos veciños e que nunca menoscabou a lexitimidade do poder xudicial”. 

Manuel Baltar lembra que “incluso a Audiencia Provincial chegou a estar no edificio que hoxe imos adicar ó Gran Hotel Balneario” e remarca que “non hai funcionarios públicos de primeira e de segunda, como tampouco hai poderes públicos de primeira e de segunda”. 

Un balneario de referencia en Europa

O proxecto impulsado polo presidente da Deputación para dotar a Ourense dun hotel balneario de referencia en Europa ten como aval a captación termal realizada nun dos patios interiores do Pazo Provincial, onde se atopou un acuífero cun caudal de 3 litros por segundo, a unha temperatura de 41,6 graos e cun contido en sales minerais propio das augas termais de Ourense. Un caudal máis que suficiente para que a actual sede da administración provincial, un inmoble construído a finais do século XIX e declarado Ben de Interese Cultural en 1975, convértase nun establecemento hoteleiro de 5 estrelas cunha ampla oferta termal, a escasa distancia dun dos emblemas da cidade como As Burgas e na contorna da área comercial e o casco vello da cidade.

Auria, en homenaxe á cidade na que Eduardo Blanco-Amor ambientou as súas obras, é o nome proposto para o futuro hotel balneario, no que se habilitarán entre 52 e 71 habitacións con seis tipos de aloxamentos. Os patios interiores estarán cubertos con solucións tecnolóxicas e reversibles para protexer do sol o interior e captar enerxía, incluíndo na zona norte unha gran piscina de inspiración romana rodeada por un circuíto balneario, mentres que na área sur habilitarase un espazo polivalente para acoller unha ampla variedade de eventos ou empregarse como terraza cuberta do restaurante e do hotel.