A Xunta inicia o procedemento para desenvolver os polígonos agroforestais de Leiro e Arnoia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe os acordos da Consellería do Medio Rural para iniciar o procedemento de aprobación para o desenvolvemento de oito polígonos agroforestais de iniciativa pública, que estarán situados nos concellos ourensáns da Arnoia, Leiro, Riós, Monterrei e Paderne de Allariz, nos pontevedreses de Cerdedo-Cotobade e Crecente e no coruñés de Curtis, ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Ditos procesos realizaranse mediante procedementos de concorrencia competitiva.

Así, en colaboración coas oito administracións locais e tras abrir un período de información ou actuacións previas co fin de coñecer as circunstancias de cada un dos casos, a Consellería do Medio Rural resolveu a conveniencia de iniciar ditos procedementos. O obxectivo prioritario será poñer en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva que acadaron co paso do tempo estados de abandono ou infrautilización, recuperando deste xeito unha acaída actividade de explotación agrícola ou forestal, así como mellorar a estrutura territorial de explotacións xa existentes ou a posta en marcha de novas iniciativas produtivas.

AVANTAR ACTIVIDADES

No relativo ao resto de polígonos, o de Remuíño, na Arnoia, componse de 224 hectáreas repartidas no maior número de parcelas -6.753- de 780 propietarios para uso hortícola, cultivos leñosos e de sistema agroforestal; mentres o de Barzamedelle, en Leiro, consta de 146 hectáreas e 183 parcelas de 113 propietarios para cultivos leñosos, de sistema agroforestal e de ciclo curto.