Bando do Alcalde do Carballiño sobre o uso responsable no consumo de auga

FRANCISCO J. FUMEGA PIÑEIRO, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DO CARBALLIÑO

Faise un chamamento aos veciños para que tomen conciencia da necesidade de aforrar no consumo de auga e reducir os usos prescindibles pola situación de seca.

AVANTAR ACTIVIDADES

Tales circunstancias levarán á realización dun consumo racional, eficiente, axustado e solidario no uso da auga potable.

Por esta razón e en aras do interese público, para os efectos de non ter que tomar medidas máis restritivas, e de garantir o abastecemento de auga potable á poboación do municipio hanse de adoptar unha serie de medidas encamiñadas á utilización máis eficiente posible da auga cun consumo consciente e moderado, que son as seguintes:

Deberase facer un aforro no suministro para usos non prioritarios, coma rega de xardíns públicos e privados, campos de xogo e baldeos das rúas.

Por tanto, non se poderán realizar con auga potable consumos destinados a encher piscinas, regar rúas, hortos ou explotacións agrícolas, ou lavar vehículos con mangueiras.

Deberase usar sistemas de aforro de auga, pechar a billa durante o enxabonado e o cepillado, emprego de ducha para evitar o uso de auga inecesaria, reutilizar auga sobrante do lavado de alimentos, …

Vixiaranse as perdas na rede de abastecemento.

O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.