Publicada no BOP a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación en Castrelo de Miño

A Orde do 27 de xaneiro de 2022, da Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (DOG núm. 30, do 14 de febreiro de 2022) aprobou definitivamente o Plan Xeral de Ordenación Urbana do Concello de Castrelo de Miño conforme ao previsto
no artigo 85.7 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (LOUG), en relación coa disposición transitoria segunda da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG).
En cumprimento do disposto polos artigos 82 e 88.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, de Bases do Réxime Local, publícanse en anexo a normativa e as ordenanzas da modificación aprobada definitivamente.
Castrelo de Miño, 20 de xuño de 2022.

O alcalde.
Avelino Pazos Pérez.

AVANTAR ACTIVIDADES

BOP Premer na Imaxe