A partir do día 14, estará aberta a autocita para a vacinación fronte a covid-19

punto de vacinacion covid 19, 12 a 17 anos

A Xunta de Galicia terá dispoñible, a partir do día 14 deste mes, a autocita para a vacinación covid das primeiras doses de adultos, así como das primeiras doses de nenos e nenas e recordos de 18 anos en diante. A cita previa pódese realizar a través da páxina web do Sergas (www.sergas.es), ou a través da aplicación Sergas Mobil ou marcando o número de teléfono 881 54 00 45.

En canto unha persoa cumpra os criterios e entre na campaña, a Xunta enviaralle un SMS para indicarlle que xa pode solicitar cita previa.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Goberno galego lembra que a entrada gratuíta para a vacinación contra a covid segue funcionando.

Os horarios dos puntos de vacinación poden ser consultados polos cidadáns no seguinte enderezo: https://coronavirus.sergas.es/Contenidos/Vacinacion-Covid-OC